Friday 17 de May de 2024

Touro celebra o próximo domingo, 29 de xullo, o seu XVI Festival de Bandas


O Concello de Touro celebrará o próximo domingo, 29 de xullo, o seu XVI Festival de Bandas, organizado pola Banda de Música Isabel II de Touro e polo propio Concello. O cita musical comenzará ás 17.30 horas no Campo da Festa de Fonte Díaz, capital do Concello de Touro. No programa participarán a Banda Cultural e Recreativa de As Pontes , que abrirá o concerto. Logo seguirá a Banda Escola de Música de Rianxo e a Banda de Música Isabel II de Touro, que exercerá de anfitriona, será a encargada de pechar o festival. Cada formación musical ofrecerá un repertorio elexido para esta cita. O Concello convida aos veciños e forasteiros a disfrutar dunha xornada de música na que tamén colaboran a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música.